Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de noviembre de 2015

Dia da Ciencia en galego 2015

Como todos os anos, os nosos alumnos de 2º de ESO colaboraron co Departamento de Ciencias Naturais e o ENDL nunha exposición para celebrar o día da Ciencia en galego.
Aportaron o seu primeiro proxecto, este ano relacionado coa luz, explicando a alumnos doutros grupos o principio físico de funcionamento. Os visitantes puideron ver imaxes coa cámara oscura, proxectar coa linterna máxica, curiosear cos taumatropos eléctricos e facer fotos dalgunhas mostras e preparacións co noso microscopio para Smartphone.

basellafala

Se queredes ver tódalas fotos da exposición entrade no blog basellafala