Os nosos alumnos de 2º de ESO colaboraron co Departamento de Ciencias Naturais e o ENDL nunha exposición para celebrar o día da Ciencia en galego. Aportaron o seu primeiro proxecto, explicando a alumnos doutros grupos o principio físico de funcionamento. Os visitantes tamén puideron facer fotos dalgunhas mostras e preparacións co noso microscopio para Smartphone e coñecer que é unha impresora 3D.
Se queredes ver tódalas fotos da exposición entrade no blog basellafala