Ao igual que nos últimos anos, os alumnos do IES participaron en distintas actividades que organizamos na Semana da Ciencia en Galego. Este ano homenaxeábase o matemático e físico galego Xosé Rodríguez co fin de divulgar unha figura aínda moi descoñecida a pesar da súa importancia.
María Ramos e Estela Bea, de 1º de Bacharelato, foron as gañadoras do Concurso de Cartaces no Día da Ciencia con cartaces sobre Alan Turing e Isaac Newton Parabéns ás dous!
Na biblioteca organizamos un Recuncho da Ciencia con material dos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía, onde os alumnos puideron interactuar con moitos instrumentos científicos, puideron ver fotografías estereoscópicas, unha colección de insectos cunha lupa binocular, sacar fotografías cun microscopio feito cun smartphone, comprobar o funcionamento dun osciloscopio con distintos tipos de ondas e observar como imprime a nosa impresora 3D feita polos alumnos de 4º de ESO do curso pasado.
Ademais, os alumnos de 4º de PDC explicaron aos de 1º de ESO como construíron unha pila feita con limóns que era capaz de acender unha calculadora!
Ademais, os alumnos de 4º de PDC explicaron aos de 1º de ESO como construíron unha pila feita con limóns que era capaz de acender unha calculadora!
Para completar as actividades, xogos matemáticos na biblioteca e unha videoconferencia coa Univesidade de Vigo sobre o tema "A ciencia da programación de ordenadores" que nos introduce no fantástico mundo da robótica. Se queres saber máis detalles deste tema consulta o blog de Normalización Lingüística do noso instituto: